jueves, 13 de julio de 2023

Outro ano máis, a ANPA do IES Sanxillao pón en marcha o Banco de Libros para o curso 2023/24; sistema polo que a ANPA organiza o préstamo de libros empregados en todos os cursos de ESO e BAC nos que se manteñen os libros do curso pasado (neste ano tan só os cursos impares por renovación dos libros nos cursos pares en aplicación da LOMLOE). Este sistema ríxese polas bases que poderás descargar neste documentoEste sistema é complementario ao fondo solidario de libros da Xunta (que xestiona o instituto), e dado que hoxe saíron publicados os listados provisionais (podedes consultalos no instittuto) teredes máis claro que libros solicitar ao bando da ANPA no caso de que tamén houbésedes solicitado o fondo de libros (nos listados provisionais aínda non veñen reflexados os libros concretos, pero soen ser as materias troncais. Os listados definitivos sairán a finais de mes).

Podedes facer as solicitudes dos libros do vindeiro curso 2022/23 ao banco da ANPA dos cursos impares (1º e 3º ESO e 1º BACH) a través deste formulario que tamén está pendurado no blogue:

O formulario estará dispoñible ata ás 16h do martes 17 de xullo. Con posterioridade realizarase o reparto e recibiredes un correo cos libros asignados e hora de recollida que será o xoves 20 pola tarde (entre as 19h e 21h) na aula de audiovisuais (planta segunda).


miércoles, 21 de junio de 2023

BANCO DE LIBROS

Outro ano máis, a ANPA do IES Sanxillao (Lugo) pon en marcha o Banco de Libros; sistema polo que a ANPA organiza o préstamo de libros empregados en todos os cursos de ESO e BACH. Este sistema réxese polas bases que poderás descargar neste documento.

As devolucións dos libros do banco da ANPA e as novas aportacións serán o luns 26 de xuño de 19h a 20h na aula 2.12 do instituto (na planta segunda, pegado a aula de Volume). Se por calquera circunstancia non poidérades achegar os libros nese horario poñédevos en contacto con nós para buscar fórmulas alternativas.

No vindeiro curso cambian todos os libros de 2º e 4º da ESO e máis os de 2º BACH, polo que os que teñades libros destes cursos non é necesario que os entreguedes ou aportedes ao bando de libros. Tan só se recollerán aportacións de 1º e 3º da ESO e máis de 1º de BACH.

Por outra banda as solicitudes do banco de libros do vindeiro curso 2022/23 faranse a través dun formulario que estará dispoñible no blogue da ANPA a partir do 12 de xullo (data na que está prevista a publicación das listaxes provisionais do fondo de libros da Xunta). Nese momento enviarémosvos un correo para que podades facer as vosas peticións.


Neste enderezo do noso blogue contarás con máis información sobre o banco de libros:

Fotos Festa Fin de curso 2022-23






















 

viernes, 14 de abril de 2023

5º ROTEIRO POLA COMARCA

 

    Este domingo 16 de abril terá lugar o 5º Roteiro das ANPAs de Lugo que se desenvolverá pola lagoa de Cospeito cunha distancia de 5,5 km e dificultade baixa.

O punto de encontro é no centro de interpretación da Lagoa de Cospeito ás 10:40 h:

Non esquezades levar prismáticos xa que o percorrido é un lugar ideal para a observación ornitolóxica. Acá tedes máis información do lugar:
 

jueves, 9 de marzo de 2023

PLAN EDUCATIVO DE RURAL GALEGO

 


4º ROTEIRO POLA COMARCA




Este domingo 12 de marzo terá lugar o 4º Roteiro das ANPAs de Lugo que se desenvolverá polo val do río Rato cunha distancia de 5,5 km e dificultade baixa.

O punto de encontro é no centro de interpretación Terras do Miño ás 10:30 h.

Recomendamos que os que poidades vos acheguedes andando. Camiñaremos polo parque, e os bosques de ribeira. Levade un lapis e a ficha impresa (que xuntamos ao correo) para os mais pequenos. Teremos aberto o local social de Bosende por se queredes levar comida (hai mesas e cadeiras para comer dentro do local).


martes, 7 de febrero de 2023

FOTOS CHARLA TDHA ESCOLA DE FAMILIAS





 

3º ROTEIRO

 ROTEIRO POLA COMARCA DO CORGO






    Neste terceiro roteiro pola comarca de 6,5k, e dificultade baixa ímonos achegar ata o bosque da fervenza no concello de O Corgo. O bosque da fervenza está situado no curso alto do río Miño dentro dunha reserva da biosfera. Trátase dun dos máis importantes bosques de inundación que quedan na península ibérica, nel predominan ameneiros, carballos, freixos e salgueiros.
Pola proximidade ao río algunha parte do percorrido pode ter algo de lama polo que recomendamos levar calzado axeitado. 
Dentro do Sanxillao temos un grupo de whatsapp das familias que acuden aos roteiros, polo que se queredes que vos incluamos indícanolo.

Boa camiñada!