martes, 18 de junio de 2024

 BANCO DE LIBROS 2024-25 


  Outro ano máis, a ANPA do IES Sanxillao (Lugo) pon en marcha o Banco de Libros; sistema polo que a ANPA organiza o préstamo de libros empregados en todos os cursos de ESO e BACH. Este sistema réxese polas bases que poderás descargar neste documento.


As devolucións dos libros do banco da ANPA (entregadas este curso) e as novas aportacións (das familias que queiran entregar ao banco de libros e que lle computarán como puntos para a solicitude dos libros do vindeiro curso) serán o xoves 27 de xuño de 19h a 20h na aula 2.1. do instituto (na planta segunda). Se por calquera circunstancia non poidérades achegar os libros nese horario poñédevos en contacto con nós para buscar fórmulas alternativas.

Por outra banda as solicitudes do banco de libros do vindeiro curso 2024/25 faranse a través dun formulario que estará dispoñible no blogue da ANPA a partir de mediados de xullo (previsión de publicación das listaxes provisionais do fondo de libros da Xunta). Nese momento enviarémosvos un correo para que podades facer as vosas peticións.

1 comentario:

  1. Hola, son Belén López Fernández e mandeivos un correo(belenlf23@gmail.com) porque non podo entregar o libro nese horario

    ResponderEliminar