Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?
- Identidade: Asociación de Nais e Pais e Alumnas e Alumnos do IES Sanxillao de Lugo
- CIF: G27161629
- Enderezo postal: Ronda Fontiñas, 171. 27002 Lugo
- Correo electrónico: apasanxillaolugo@gmail.com
Formulario F1V1 (ficha de socio/a): Recollemos os seus datos coa finalidade de poder xestionar correctamente a nosa relación e os servizos que esta asociación presta ás familias socias.
Formulario F2V1 (ficha teatro): Recollemos os seus datos coa finalidade de xestionar e organizar correctamente a actividade extraescolar de teatro.
Formulario F3V1 (ficha robótica): Recollemos os seus datos coa finalidade de xestionar e organizar correctamente a actividade extraescolar de robótica.
Formulario F4V1 (subscrición blog): Recollemos unicamente o seu enderezo electrónico coa finalidade de mantelo/a informado/a das novas entradas que publiquemos no blog.
Formulario F5V1 (banco de libros): Recollemos os datos para a xestión das adxudicacións de libros do banco de libros.
Por canto tiempo conservaremos os seus datos?
Formulario F4V1 (subscrición blog): Conservaremos o seu enderezo electrónico de subscrición ata que vostede pulse na ligazón de darse de baixa que chegará en cada envío.
Resto de formularios: Conservaremos os seus datos ata que vostede exerza os dereitos de supresión ou oposición, recollidos na normativa vixente. Transcorridos 6 anos da súa inscrición, os seus datos serán suprimidos de oficio.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
Todos os formularios: A base legal para a recollida dos seus datos é o seu propio consentimento ou do seu representante legal.
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Formulario F1V1 (ficha de socio/a): Os seus datos de carácter persoal non serán comunicados a ningunha entidade nin persoa física ou xurídica. No caso de que se queira formar parte da xunta directiva da ANPA, o seu nome será comunicado ao rexistro de asociacións da Xunta de Galicia e ao propio IES Sanxillao, que o poderá publicar na súa páxina web.
Formulario F2V1 (ficha teatro): Os seus datos de carácter pesoal serán comunicados á Asociación Cultural Ubú Teatro, de Lugo, quen se encargará da impartición da actividade.
Formulario F3V1 (ficha robótica): Os seus datos de carácter persoal serán comunicados á entidade Play Code Academy, quen se encargará da impartición da actividade.
Formulario F5V1 (banco de libros): Non se prevé ningunha comunicación de datos a terceiras persoas (físicas ou xurídicas).
Transferencias internacionais.
Formulario F4V1 (subscrición blog): Non se prevé a transferencia de datos a ningunha entidade situada fóra da UE. Aínda así, tanto o proceso de subscrición como o envío habitual por este medio están soportados por feedburner.com, propiedade de Google. Suxerimos a lectura da política de privacidade de Google (https://policies.google.com/privacy?hl=es&gl=es).
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
Todos os formularios: Vostede ten recoñecidos, pola normativa aplicable á protección de datos, os dereitos de acceso aos datos personais, obtidos neste ou notros formularios, así como á súa rectificación ou supresión, á limitación ou oposición ao seu tratamento, á portabilidade dos seus datos, así como a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente en tratamentos automatizados.
Tamén ten dereito a presentar unha reclamación perante unha autoridade de control como, por exemplo, a Agencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es)