Outro ano máis, a ANPA do IES Sanxillao pón en marcha o Banco de Libros para o curso 2023/24; sistema polo que a ANPA organiza o préstamo de libros empregados en todos os cursos de ESO e BAC nos que se manteñen os libros do curso pasado (neste ano tan só os cursos impares por renovación dos libros nos cursos pares en aplicación da LOMLOE). Este sistema ríxese polas bases que poderás descargar neste documento. Este sistema é complementario ao fondo solidario de libros da Xunta (que xestiona o instituto), e dado que hoxe saíron publicados os listados provisionais (podedes consultalos no instittuto) teredes máis claro que libros solicitar ao bando da ANPA no caso de que tamén houbésedes solicitado o fondo de libros (nos listados provisionais aínda non veñen reflexados os libros concretos, pero soen ser as materias troncais. Os listados definitivos sairán a finais de mes).
Podedes facer as solicitudes dos libros do vindeiro curso 2022/23 ao banco da ANPA dos cursos impares (1º e 3º ESO e 1º BACH) a través deste formulario que tamén está pendurado no blogue:
O formulario estará dispoñible ata ás 16h do martes 17 de xullo. Con posterioridade realizarase o reparto e recibiredes un correo cos libros asignados e hora de recollida que será o xoves 20 pola tarde (entre as 19h e 21h) na aula de audiovisuais (planta segunda).
No hay comentarios:
Publicar un comentario