Outro ano máis, a ANPA do IES Sanxillao (Lugo) pon en marcha o Banco de Libros; sistema polo que a ANPA organiza o préstamo de libros empregados en todos os cursos de ESO e BACH. Este sistema réxese polas bases que poderás descargar neste documento.
As devolucións dos libros do banco da ANPA e as novas aportacións serán o luns 26 de xuño de 19h a 20h na aula 2.12 do instituto (na planta segunda, pegado a aula de Volume). Se por calquera circunstancia non poidérades achegar os libros nese horario poñédevos en contacto con nós para buscar fórmulas alternativas.
No vindeiro curso cambian todos os libros de 2º e 4º da ESO e máis os de 2º BACH, polo que os que teñades libros destes cursos non é necesario que os entreguedes ou aportedes ao bando de libros. Tan só se recollerán aportacións de 1º e 3º da ESO e máis de 1º de BACH.
Por outra banda as solicitudes do banco de libros do vindeiro curso 2022/23 faranse a través dun formulario que estará dispoñible no blogue da ANPA a partir do 12 de xullo (data na que está prevista a publicación das listaxes provisionais do fondo de libros da Xunta). Nese momento enviarémosvos un correo para que podades facer as vosas peticións.
Neste enderezo do noso blogue contarás con máis información sobre o banco de libros:
No hay comentarios:
Publicar un comentario