martes, 7 de febrero de 2023

3º ROTEIRO

 ROTEIRO POLA COMARCA DO CORGO






    Neste terceiro roteiro pola comarca de 6,5k, e dificultade baixa ímonos achegar ata o bosque da fervenza no concello de O Corgo. O bosque da fervenza está situado no curso alto do río Miño dentro dunha reserva da biosfera. Trátase dun dos máis importantes bosques de inundación que quedan na península ibérica, nel predominan ameneiros, carballos, freixos e salgueiros.
Pola proximidade ao río algunha parte do percorrido pode ter algo de lama polo que recomendamos levar calzado axeitado. 
Dentro do Sanxillao temos un grupo de whatsapp das familias que acuden aos roteiros, polo que se queredes que vos incluamos indícanolo.

Boa camiñada!

No hay comentarios:

Publicar un comentario