Na tarde do luns 6 de maio celebramos no IES Sanxillao a II Festa da Integración e a Diversidade, na que participaron preto de 300 alumnos/as do instituto.
Festa dos Maios
A primeira actividade programada foi confeccionar o Maio; actividade na que participaron varios/as alumnos/as do centro.
Para a súa confección empregouse xestas e outros arbustos recollidos o día anterior, que se foron colocando na estrutura de madeira.
Entrega de premios, sorteo e actuación musical
A continuación, exhibíronse dous vídeos, confeccionados por alumnos/as de 2º ESO, e presentados ao 2º Concurso de Integración "Xuntos/as todos/as sumamos", co lema "Iguais e Diferentes".
Nestes vídeos, remarcábase a importancia do respecto aos demais así como a necesidade de traballar pola integración.
Acto seguido, procedeuse a sortear entre os/as asistentes diversos agasallos donados por empresas da zona.
A continuación, Silvia (voz) e máis Edgar (teclado e voz), alumnos do centro, interpretaron varias cancións para os/as presentes.
Para rematar, os/as asistentes disfrutaron dunha merenda, a base de pinchos elaborados polo profesorado e alumnado do ciclo de Hostalaría, e bebidas.
Agradecementos
Para levar a cabo este evento, contamos coa inestimable colaboración da dirección e persoal do IES e do Ciclo de FP do centro, así como das entidades seguintes (por orde alfabética):
- Anpa CEIP Illa Verde (Roi Xordo)
- Bar As Lendas (Avda. Fontiñas)
- Cafetaría Val do Neira (Avda. Fontiñas)
- Café-Bar Madeira (Avda. Fontiñas)
- La Torta (Pza Maior)
- Libraría Campus (Ronda das Mercedes)
- Libraría María (Avda. Fontiñas)
- Libraría Soños de Papel (Pza. Augas Férreas)
- Lugocopia (Pza. Augas Férreas)
- Mercadona (Rof Carballo)
- Pizzería Bocalino (Fonte do Rei)