miércoles, 8 de mayo de 2019

II FESTA DA INTEGRACIÓN E A DIVERSIDADE

Na tarde do luns 6 de maio celebramos no IES Sanxillao a II Festa da Integración e a Diversidade, na que participaron preto de 300 alumnos/as do instituto.

confeccionando o MaioFesta dos Maios

A primeira actividade programada foi confeccionar o Maio; actividade na que participaron varios/as alumnos/as do centro.

Para a súa confección empregouse xestas e outros arbustos recollidos o día anterior, que se foron colocando na estrutura de madeira.

Entrega de premios, sorteo e actuación musical

A continuación, exhibíronse dous vídeos, confeccionados por alumnos/as de 2º ESO, e presentados ao 2º Concurso de Integración "Xuntos/as todos/as sumamos", co lema "Iguais e Diferentes".


Nestes vídeos, remarcábase a importancia do respecto aos demais así como a necesidade de traballar pola integración.

Acto seguido, procedeuse a sortear entre os/as asistentes diversos agasallos donados por empresas da zona.

A continuación, Silvia (voz) e máis Edgar (teclado e voz), alumnos do centro, interpretaron varias cancións para os/as presentes.

Para rematar, os/as asistentes disfrutaron dunha merenda, a base de pinchos elaborados polo profesorado e alumnado do ciclo de Hostalaría, e bebidas.

Agradecementos

Para levar a cabo este evento, contamos coa inestimable colaboración da dirección e persoal do IES e do Ciclo de FP do centro, así como das entidades seguintes (por orde alfabética):

  • Anpa CEIP Illa Verde (Roi Xordo)
  • Bar As Lendas (Avda. Fontiñas)
  • Cafetaría Val do Neira (Avda. Fontiñas)
  • Café-Bar Madeira (Avda. Fontiñas)
  • La Torta (Pza Maior)
  • Libraría Campus (Ronda das Mercedes)
  • Libraría María (Avda. Fontiñas)
  • Libraría Soños de Papel (Pza. Augas Férreas)
  • Lugocopia (Pza. Augas Férreas)
  • Mercadona (Rof Carballo)
  • Pizzería Bocalino (Fonte do Rei)