martes, 8 de diciembre de 2015
martes, 24 de noviembre de 2015
miércoles, 4 de noviembre de 2015
FAPACEL: "ESCOLA DE HABILIDADES SOCIAIS"
A FAPACEL pon en marcha o convenio asinado coa Vicepresidencia primeira
da Deputación de Lugo "COA EDUCACIÓN POR DIANTE",
Este mes de novembro presentaremos a guía Escola de Habilidades Socias con charlas
dirixidas a familias con nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Nesta guía atoparanse
orientacións para favorecer a adquisición de habilidades básicas de relación
social. Está dividida en diferentes partes, na primeira dáse unha explicación
do que son as habilidades sociais e a importancia que ten a súa
adquisición. Na segunda parte explícanse os diferentes estilos de
interacción social, amosando as características de cada un deles mediante
unha situación práctica. A continuación, aprenderanse unha serie de pautas
educativas para a resolución de conflitos. E para finalizar, destacaremos
diferentes mitos sobre as interaccións sociais para reflexionar entre
todas e todos
Para facilitar a
asistencia das familias ás charlas as nenas e nenos terán un Obradoiro sobre o Conto Popular.
No mes de decembro, unha vez realizadas todas as charlas,enviaranse
guías as anpas asociadas para repartir ás familias socias que as soliciten.
martes, 3 de noviembre de 2015
Día do Ensino: a difícil tarefa de participar na Educación
Hoxe, 30 de outubro, é o día do Ensino; e o conselleiro de educación
lémbranos que é unha xornada no que toda a sociedade bota unha ollada ao
seu redor, revisa e renova o compromiso coa instrución e coa formación;
pero realmente só é unha xornada non lectiva, onde ninguén olla para
ningures porque as canles de revisión e renovación están pechadas, como
os colexios nun día como hoxe, no que por ser a súa festa deberían estar
abertos a toda a comunidade educativa para utilizalos como lugar de
reflexión, debate e traballo sobre o ensino que queremos, e sobre o
ensino que estamos facendo.
As familias, que somos certamente o principal axente formativo, non queremos confiar a ninguén o noso ser máis querido e marchar de alí mentres o forman ou instrúen, o que desexariamos facer é participar na formación dese ser e de todos os demais, porque somos representantes e parte da sociedade toda, e estar presentes na vida educativa como o piar fundamental que somos e que reivindicamos ser.
Leer máis no seguinte enlace:
http://www.anpasgalegas.org/2015/10/dia-do-ensino-a-dificil-tarefa-de-participar-na-educacion/
As familias, que somos certamente o principal axente formativo, non queremos confiar a ninguén o noso ser máis querido e marchar de alí mentres o forman ou instrúen, o que desexariamos facer é participar na formación dese ser e de todos os demais, porque somos representantes e parte da sociedade toda, e estar presentes na vida educativa como o piar fundamental que somos e que reivindicamos ser.
Leer máis no seguinte enlace:
http://www.anpasgalegas.org/2015/10/dia-do-ensino-a-dificil-tarefa-de-participar-na-educacion/
domingo, 1 de noviembre de 2015
XUNTA DIRECTIVA 2015-16
PRESIDENTE: Luis Blanco Rivadulla
VICEPRESIDENTA: Lidia Sendón Esperante
SECRETARIA: Mª Nieves Vergaz Arana
TESOUREIRA: Mª Ascensión García Pecharromán
VOGAIS:
Nuria Gómez Rojo
Marta Carballé Roselló
Alfonso Huertas Sánchez
Domingos Amigo González
VICEPRESIDENTA: Lidia Sendón Esperante
SECRETARIA: Mª Nieves Vergaz Arana
TESOUREIRA: Mª Ascensión García Pecharromán
VOGAIS:
Nuria Gómez Rojo
Marta Carballé Roselló
Alfonso Huertas Sánchez
Domingos Amigo González
Etiquetas:
Xunta Directiva 215-16
sábado, 26 de septiembre de 2015
viernes, 25 de septiembre de 2015
lunes, 14 de septiembre de 2015
martes, 8 de septiembre de 2015
miércoles, 22 de julio de 2015
Calendario escolar 2015-16: Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria
DIRECCIÓN XERAL DE
EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA
Capítulo:
|
|
|
|
|
Orde
do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso
2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade
Autónoma de Galicia.
TEXTO:
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na
redacción establecida pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a
mellora da calidade educativa, determina na disposición adicional quinta que o
calendario escolar, que fixarán anualmente as administracións educativas,
comprenderá un mínimo de 175 días lectivos para o ensino obrigatorio e que, en
calquera caso, no cómputo do calendario escolar se incluirán os días dedicados
ás avaliacións previstas nos seus artigos 20.3, 21, 29 e 36 bis.
A disposición derradeira quinta da citada Lei orgánica
8/2013, do 9 de decembro, establece o calendario de implantación desta lei
orgánica. No punto 1 establécese que as modificacións introducidas no
currículo, a organización, obxectivos, promoción e avaliacións de educación
primaria se implantarán para os cursos segundo, cuarto e sexto no curso escolar
2015/16. No punto 2 establécese que as modificacións introducidas no currículo,
a organización, obxectivos, requisitos para a obtención de certificados e
títulos, programas, promoción e avaliacións de educación secundaria obrigatoria
se implantarán para os cursos primeiro e terceiro no curso escolar 2015/16, e
para os cursos segundo e cuarto no curso escolar 2016/17. No punto 3 disponse
que as modificacións introducidas no currículo, a organización, obxectivos,
requisitos para a obtención de certificados e títulos, programas, promoción e
avaliacións de bacharelato se implantarán para o primeiro curso no curso
escolar 2015/16, e para o segundo curso no curso escolar 2016/17. No punto 4
establécese que o segundo curso dos ciclos de formación profesional básica se
implantará no curso 2015/16. No punto 5 establécese que as modificacións
introducidas no currículo dos ciclos formativos de grao medio da formación
profesional se implantarán unicamente ao inicio dos ciclos, no curso escolar
2015/16.
Tendo en conta que as funcións de planificación, regulación
e administración do ensino regrado son competencia da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, e co obxecto de fixar o calendario
escolar e as actividades de fin de curso para o curso 2015/16 nos centros
docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, por
proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación
Educativa,
DISPOÑO:
CAPÍTULO
I
Calendario escolar
Artigo 1. Aprobación
Apróbase o calendario escolar para o curso
2015/16 coas especificacións que se sinalan nesta orde.
Artigo
2. Ámbito de aplicación
Esta orde é de aplicación en todos os centros docentes da
Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos.
Artigo
3. Duración do curso académico
1. O
curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2015 ata o 31 de agosto
de 2016.
2. Nos
primeiros días do mes de setembro e ata o día 4 como máximo, realizaranse as
probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2014/15 para o
alumnado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación
profesional básica.
3. As
sesións de avaliación e a entrega de cualificacións da devandita convocatoria
extraordinaria poderán realizarse ata o día 8 de setembro, incluído.
4. Sen
prexuízo do establecido no artigo 10 desta orde, nos días en que se celebren as
probas extraordinarias será de aplicación o punto 107 das instrucións aprobadas
pola Orde do 1 de agosto de 1997, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o
Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria
e se establece a súa organización e funcionamento e o punto 127 das instrucións
aprobadas pola Orde do 3 de outubro de 2000, pola que se ditan instrucións para
o desenvolvemento do Decreto 7/1999 polo que se implantan e regulan os centros
públicos integrados de ensinanzas non universitarias. Para tal fin, as
direccións dos centros elaborarán o correspondente horario de gardas.
5. O
alumnado de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato que non puidese
matricularse no prazo ordinario poderá facelo no prazo extraordinario, que
rematará o día 10 de setembro de 2015 incluído.
Artigo
4. Comedores escolares dos centros
públicos
Os comedores escolares funcionarán en educación primaria
desde o día 10 de setembro de 2015 ata o 22 de xuño de 2016, e en educación
secundaria obrigatoria desde o día 15 de setembro de 2015 ata o 22 de xuño de
2016.
Artigo
5. Actividades lectivas
1.
No 2º ciclo de educación infantil, na educación
primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase
do día 10 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive.
2.
Na educación secundaria obrigatoria, no
bacharelato e na formación profesional a impartición efectiva de clases
realizarase do día 15 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos
inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a
impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a
proba de acceso á universidade. Terán a consideración de días lectivos os
dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á
realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e
extraordinaria.
3.
Nas ensinanzas de réxime especial as actividades
lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2015 e 30 de xuño de 2016, de acordo cos
calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para
cada unha delas.
Artigo
6. Períodos de vacacións
1. Nadal:
desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambos
inclusive.
2. Entroido:
días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016.
3. Semana
Santa: desde o día 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive.
Artigo
7. Días non lectivos
1.
Ademais das festas de ámbito estatal, son días
non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo e Benestar
da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45
do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre regulación da xornada de
traballo, xornadas especiais e descansos, na súa redacción dada polo Real
decreto 1346/1989, do 3 de novembro, e as festas laborais de carácter local
publicadas por resolución da dita consellería.
2.
Nos centros en que unha ou as dúas festas
laborais de carácter local, a que se refire o punto anterior non coincidan con
días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais ou, na súa falta,
os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar,
segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na
programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou
conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 27 de
outubro de 2015, perante a xefatura territorial da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, que, logo de informe da Inspección
educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda.
É recomendable que os centros da mesma localidade elixan,
de ser o caso, os mesmos días non lectivos, para o cal se buscará o consenso
entre todos os centros para a súa selección.
3.
Ademais dos anteriores, sen prexuízo do
establecido no artigo 8.3 e co fin de unificar a celebración dos patróns de
cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non
lectivo para efectos académicos e que no curso 2015/16 se celebrará o 30 de
outubro de 2015.
Artigo
8. Conmemoracións
1. Durante
o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
-
25 de novembro de 2015: Día Internacional contra
a Violencia de Xénero.
-
Do 1 ao 11 de decembro de 2015: conmemoración da
Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
-
10 de decembro de 2015: Día da Declaración
Universal dos Dereitos Humanos.
-
30 de xaneiro de 2016: Día escolar da non
Violencia e da Paz.
-
8 de marzo de 2016: Día Internacional da Muller.
-
15 de marzo de 2016: Día Mundial dos Dereitos do
Consumidor.
-
Do 7 ao 11 de marzo de 2016: Semana da Prensa.
Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
-
7 de abril de 2016: Día Mundial da Saúde.
-
Entre o 18 e o 22 de abril de 2016: Día do
libro.
-
9 de maio de 2016: Día de Europa.
-
Do 9 ao 17 de maio de 2016: Semana das Letras
Galegas.
-
5 de xuño de 2016: Día Mundial do Medio
Ambiente.
2. De
conformidade co establecido no artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola
igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais,
bisexuais e intersexuais en Galicia, para favorecer a visibilidade e integrar
de forma transversal a diversidade afectivo-sexual, os centros docentes
sostidos con fondos públicos poderán realizar actividades específicas próximas
a datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo
do dereito destas persoas.
3. Cando
algunha das datas a que se refiren os puntos anteriores sexa sábado, domingo,
festividade local ou estea incluída nalgún dos períodos de vacacións
establecidos no artigo 6 desta orde, a correspondente conmemoración celebrarase
o día lectivo inmediatamente anterior ou posterior segundo estableza a
programación xeral anual de cada centro.
4. As
datas a que se refiren os puntos 1 e 2 son lectivas para todos os efectos e
nelas os centros deberán organizar actividades diversas, tendentes a salientar
a importancia das referidas conmemoracións.
CAPÍTULO
II
Inicio do curso
Artigo
9. Actividades de programación
1. Desde
o día 1 de setembro de 2015 ata o inicio das clases, o profesorado dos centros
públicos, ben individualmente ben formando parte dos órganos de coordinación
didáctica correspondentes, baixo a dirección dos seus responsables, colaborará
na elaboración da programación xeral anual e na revisión dos proxectos
educativos e concrecións de currículos, participará nas reunións de ciclos,
departamentos, claustros e cantas outras actividades estean relacionadas coa
organización do curso. Neste período os departamentos didácticos, os equipos de
ciclo e os equipos docentes de cada curso, baixo a coordinación e dirección da
respectiva xefatura de departamento, coordinación de ciclo ou do profesor
titor/a, dedicaranse a elaborar a programación didáctica das ensinanzas
correspondentes ao ciclo, ás áreas, materias ou módulos integrados no
departamento e a organizar o curso escolar.
2. As
direccións dos centros, a través da xefatura de estudos, velarán para que o
profesorado realice as funcións do punto anterior.
3. Previamente
ao inicio de curso, o profesorado responsable de cada departamento, da
coordinación de ciclo na educación infantil e o titor ou titora de curso fará
entrega da programación didáctica á xefatura de estudos. Cando haxa máis dunha
persoa titora por curso, desenvolverá a función o titor ou a titora que designe
a dirección, oídos todos/as os/as titores/as de curso.
A dirección do centro remitirá as programacións docentes á
Inspección educativa, que comprobará a súa adecuación ao establecido nas disposicións
vixentes.
En desenvolvemento do establecido no artigo 34 do Decreto
114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación
profesional do sistema educativo de Galicia, os centros sostidos con fondos
públicos que impartan ensinanzas de formación profesional deberán utilizar para
a elaboración e o seguimento das programacións dos módulos profesionais dos
títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación, a aplicación informática web de programacións. Do mesmo xeito, para
as entregas, para a supervisión e comprobación por parte das xefaturas de
departamento e das direccións destes centros e da Inspección educativa, tamén
se debe utilizar a dita aplicación.
4.
Ao inicio de curso, o profesor ou profesora
responsable de cada departamento, da coordinación de ciclo na educación
infantil e o titor ou titora de curso elaborará información básica relativa á
programación didáctica, que dará a coñecer á comunidade educativa seguindo o
procedemento establecido no centro para garantir a súa publicidade. Así mesmo,
o profesorado informará o alumnado das programacións didácticas da súa área ou
materia. Esta información básica incluirá os obxectivos, contidos e criterios
de avaliación do ciclo ou curso correspondente e, de ser o caso, os estándares
de aprendizaxe avaliables, os mínimos exixibles para obter unha valoración
positiva, os criterios de cualificación e os procedementos de avaliación da
aprendizaxe que se vaian utilizar.
5.
Nos centros pertencentes á Rede de Centros
Integrados de Formación Profesional de Galicia, dependentes da Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, seguirase o establecido no
artigo 3 da Orde do 29 de xullo de 2011 pola que se desenvolve o Decreto
77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos
centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
6.
Nas escolas oficiais de idiomas seguirase o
establecido nos artigos 4 e 11 da Orde do 5 de agosto de 2011 pola que se
desenvolve o Decreto 189/2010, polo que se establece o Regulamento orgánico das
escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a
organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial.
7.
Nos conservatorios profesionais de música e
danza seguirase o disposto na Orde do 4 de agosto de 2011, pola que se
desenvolve o Decreto 223/2010, do 30 de outubro, polo que se establece o
Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e
profesionais de música e de danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
8.
Nas escolas de arte e superiores de deseño
estarase ao disposto na Orde do 8 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o
Decreto 61/2011, do 24 de marzo, polo que se establece o Regulamento orgánico
das escolas de arte e superiores de deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo
10. Xornada escolar
1. A
xornada escolar será a establecida pola lexislación vixente para cada unha das
etapas e niveis.
2. Aqueles
centros que combinen o servizo de transporte escolar con outros centros deberán
establecer, coa autorización da xefatura territorial correspondente da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, un horario que,
coas adaptacións necesarias, lles permita garantir o axuste e a perfecta
coordinación dos centros con este servizo. Estes centros comunicaranlle á
xefatura territorial a proposta de horario escolar para o curso 2015/16, que
deberá resolver antes do inicio das clases.
3. A xornada
matinal nos centros que a tivesen concedida pola xefatura territorial para os
meses de xuño e setembro do ano académico 2014/15 considérase prorrogada para o
curso 2015/16 nos mesmos termos, sempre que non variasen as circunstancias en
que foi concedida.
CAPÍTULO
III
Final de curso
Artigo
11. Centros que imparten educación
infantil, educación primaria e educación
especial
1. Actividades non lectivas.
O período comprendido entre o remate de impartición de
clases e o 30 de xuño de 2016 inclusive será dedicado polo profesorado, entre
outras actividades, a elaborar as actas de avaliación, os informes
individualizados, os informes para as familias e os documentos de avaliación
que correspondan. O profesorado dedicará especial atención á análise e
valoración de resultados da avaliación do rendemento académico do alumnado.
Todo o profesorado dos centros públicos permanecerá no centro ata o día 30 de
xuño de 2016 inclusive.
Nese período de tempo, logo de autorización da Inspección
educativa, a dirección poderá adecuar o horario do profesorado de acordo coas
actividades programadas.
2. Atención ás reclamacións contra as
cualificacións ou decisións de promoción.
Sen prexuízo do anterior, as direccións dos centros deben
garantir a atención ás reclamacións contra as cualificacións finais ou
decisións de promoción ou titulación, realizadas dentro dos prazos previstos no
punto 11 do capítulo IV do anexo á Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se
regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de
educación infantil, dos colexios rurais agrupados, dos colexios de educación
primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para o alumnado de educación
infantil e primaria.
Artigo
12. Centros
que imparten educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación
profesional e ensinanzas de réxime especial
1. Calendario
final do curso.
Os claustros dos centros sinalados elaborarán un calendario
das actividades docentes para o final de curso 2015/16, de acordo coas
instrucións que seguen.
As direccións dos centros citados enviarán aos servizos
territoriais de Inspección educativa, antes do día 1 de maio de 2016, un resumo
do calendario aprobado polo claustro, conforme os modelos recollidos nos anexos
I, II, III ou IV desta orde. As
inspeccións comunicarán as modificacións, se for o caso, aos centros en que
proceda antes do 15 de maio de 2016 para que as direccións as dean a coñecer ao
profesorado para o seu cumprimento.
Ademais das actividades docentes lectivas, o calendario
aprobado polo claustro deberá incluír as actividades docentes referidas ás
probas de avaliación, sesións de avaliación conxunta, recuperacións e cantas
outras actividades estean relacionadas co final de curso.
2. Probas
finais.
2.1.
O alumnado da ESO con disciplinas pendentes de
cursos anteriores será convocado, de ser o caso, a unha proba final durante o
mes de maio de 2016.
2.2.
O alumnado de 2º de bacharelato con disciplinas
pendentes de cursos anteriores será convocado, de ser o caso, a unha proba
final que se adecuará ás datas previstas para a proba de acceso á universidade.
2.3.
Naqueles centros ou ensinanzas que prevexan a
realización de probas, a dirección do centro deberá propor as datas
correspondentes á xefatura territorial que corresponda, para a súa
autorización.
3. Sesións
de avaliación.
3.1.
As sesións de avaliación final do alumnado da
ESO, do primeiro curso de bacharelato, do primeiro curso da formación
profesional básica, do primeiro curso dos ciclos formativos de formación
profesional no réxime ordinario e dos ciclos formativos no réxime de persoas
adultas deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2016.
3.2.
As sesións de avaliación final do alumnado do
segundo curso de bacharelato adecuaranse ás datas previstas para a proba de
acceso á universidade.
3.3.
Para as sesións de avaliación final do resto do
alumnado, a dirección do centro deberá propor as datas correspondentes á
xefatura territorial que corresponda, para a súa autorización.
4. Horario
do profesorado.
4.1.
Unha vez realizadas as avaliacións finais do
segundo curso de bacharelato, impartiranse as clases nas disciplinas obxecto da
proba de acceso á universidade ata a realización da citada proba. Con este fin,
quedan autorizadas as direccións dos centros para introducir modificacións nos
horarios do profesorado e grupos de alumnado afectados, asignándolle ao
profesorado as tarefas da súa responsabilidade nas horas en que deixe de
impartir a súa materia, segundo o cargo ou posto que desempeñe, incluídas as
gardas que se consideren necesarias.
4.2.
Así mesmo, quedan autorizadas as direccións dos
centros para introduciren modificacións nos horarios do profesorado que se vexa
afectado pola realización do módulo de formación en centros de traballo do
alumnado, asignándolle tarefas da súa responsabilidade nas horas en que deixe
de impartir os módulos da súa competencia, segundo o cargo ou posto que
desempeñe, incluídas as gardas que se consideren necesarias.
4.3.
Sen prexuízo do expresado nos puntos 4.1 e 4.2
anteriores, o profesorado dos institutos de educación secundaria seguirá
cumprindo o seu horario lectivo ata o día 22 de xuño de 2016, incluído. A
partir dese día e ata o día 30 inclusive, as direccións dos institutos de
educación secundaria poderán modificar os horarios do profesorado para
adecualos ás actividades establecidas no calendario aprobado polo claustro e
aceptado pola Inspección educativa (entrega de cualificacións, atención a
reclamacións e cantas outras actividades estean relacionadas co final de
curso).
O profesorado dedicará especial atención á análise e
valoración de resultados da avaliación do rendemento académico do alumnado, que
deberá incluírse na memoria final de curso coas propostas de mellora que
correspondan. Así mesmo, esta memoria incluirá propostas de modificación ás
programacións didácticas, especialmente no que se refire a mínimos esixibles,
estratexias metodolóxicas e criterios de cualificación, promoción e titulación.
4.4. Durante o mes de xuño, as direccións dos centros
públicos de ensinanzas de réxime especial poderán adaptar os horarios do
profesorado ás necesidades específicas de cada centro. Tal adaptación non
poderá supor variación do número global de horas semanais de permanencia no
centro previsto no horario lectivo de cada profesor ou profesora.
4.5. Durante o curso académico, nos centros pertencentes á
Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia, dependentes da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o horario do
profesorado adaptarase ás necesidades que permitan cumprir coas actividades
formativas e accións establecidas para cada área funcional e/ou departamento
segundo o plan anual.
5. Atención ás reclamacións contra as
cualificacións ou decisións de promoción ou titulación.
As direccións dos centros deben garantir a atención ás
reclamacións contra as cualificacións finais, de conformidade co procedemento
establecido na seguinte normativa ou na normativa posterior que a substitúa e
na cal lle resulte de aplicación:
Orde do 28 de agosto de 1995 pola que se regula o
procedemento para garantir o dereito dos alumnos de educación secundaria
obrigatoria e de bacharelato a que o seu rendemento escolar sexa avaliado
conforme a criterios obxectivos, para educación secundaria obrigatoria e
primeiro curso de bacharelato.
Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establece o
procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas
no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de
maio, de educación, para o 2º curso de bacharelato.
Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o
desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das
ensinanzas de formación profesional inicial, para formación profesional
inicial.
Orde do 25 de abril de 2007 pola que se regula a
avaliación, a acreditación académica e a mobilidade do alumnado que cursa as
ensinanzas superiores de artes plásticas e deseño e as de conservación e
restauración de bens culturais na Comunidade Autónoma de Galicia, para as
ensinanzas superiores de artes plásticas e deseño e as de conservación e
restauración de bens culturais.
Orde do 11 de febreiro de 2008 pola que se regula a
avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de
danza que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,
para as ensinanzas profesionais de danza.
Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula a
avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de
música que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,
para as ensinanzas profesionais de música.
Orde do 30 de maio de 2008 pola que se regula a avaliación
das ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e
técnico deportivo superior na Comunidade Autónoma de Galicia, para ensinanzas
técnico-deportivas.
Orde do 8 de setembro de 2008, modificada pola Orde do 19
de abril de 2012, pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado
que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se
establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para ensinanzas
especializadas de idiomas de réxime especial.
Orde do 1 de decembro de 2008 pola que se regula a
organización, a avaliación e a acreditación académica das ensinanzas profesionais
de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, para ensinanzas
profesionais de artes plásticas e deseño.
Orde de 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan
de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en arte dramática na
Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula o acceso ao dito grao.
Orde de 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan
de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en deseño na Comunidade
Autónoma de Galicia, e se regula o acceso ao dito grao, corrixida no DOG do 17
de abril de 2012.
Orde de 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan
de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en música na Comunidade
Autónoma de Galicia, e se regula o acceso ao dito grao.
Orde de 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan
de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en conservación e
restauración de bens culturais na Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula o
acceso ao dito grao.
Orde do 24 de xullo de 1991 pola que se regula a
organización das actividades docentes nos centros de bacharelato, formación
profesional e institutos de educación secundaria e profesional, no punto 10.2,
para o restante alumnado de ensinanzas de réxime especial.
Artigo
13. Actas de avaliación final
1.
As secretarías dos centros deberán remitir á
xefatura territorial correspondente fotocopias autenticadas das actas de
avaliación final de todos os cursos do seu centro e dos centros privados
adscritos, de ser o caso, antes do día 15 de
xullo de 2016.
2.
As actas correspondentes aos cursos que teñan
convocatoria extraordinaria (setembro) enviaranse antes do día 15 de setembro
de 2016.
CAPÍTULO
IV
Outras disposicións
Artigo
14. Memorias de fin de curso
1.
As direccións dos centros que impartan educación
infantil e/ou educación primaria enviarán ao servizo territorial de Inspección
educativa respectivo, antes do día 10 de xullo de 2016, a memoria anual do
centro a que se refire o punto 5 do capítulo I do anexo á citada Orde do 22 de
xullo de 1997.
2.
As direccións dos centros públicos integrados
enviarán, antes do 10 de xullo de 2016, ao servizo territorial de Inspección
educativa respectivo, a memoria anual do centro a que se refire o punto 43 das
instrucións aprobadas pola citada Orde de 3 de outubro de 2000.
3.
As direccións dos institutos de educación
secundaria enviarán ao servizo territorial de Inspección educativa respectivo,
antes do día 10 de xullo de 2016, a memoria anual do centro a que se refire o
punto 43 das instrucións aprobadas pola citada Orde do 1 de agosto de 1997.
4.
As direccións dos centros de ensinanzas de
réxime especial, conforme ao establecido na normativa específica que lle é de
aplicación a cada ensinanza, elaborarán ao longo do mes de xuño de 2016, logo
do informe dos respectivos claustros, unha memoria que recolla o grao de
consecución dos obxectivos fixados na programación xeral anual, as dificultades
atopadas e as medidas correctoras introducidas, de ser o caso. A dita memoria,
con informe do consello escolar do centro, enviarase ao servizo territorial de
Inspección educativa respectivo antes do 10 de xullo de 2016 e terase en conta
á hora de elaborar a programación do curso seguinte, sobre todo para programar
novamente obxectivos non acadados ou acadados parcialmente no curso anterior e
artellar novos medios para logralos.
5.
As direccións dos centros pertencentes á Rede de
Centros Integrados de Formación Profesional
de Galicia, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria, seguirán o establecido no artigo 12 da Orde do 29 de
xullo de 2011.
Disposición
adicional primeira. Modificación do
calendario escolar e comedores escolares
As xefaturas territoriais, por circunstancias concretas de
organización, poderán autorizar a modificación das datas de comezo e remate das
actividades lectivas e de funcionamento dos comedores escolares.
Calquera modificación que se lle precise facer no
calendario escolar deberá ser solicitada, polo menos con quince días de
antelación, polo centro interesado á xefatura territorial, que, logo do informe
da Inspección educativa e dos que coide oportunos, resolverá o procedente.
Disposición
adicional segunda. Período de adaptación
do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro
O período de adaptación do alumnado de educación infantil
que se incorpora por primeira vez ao centro, a que se refire o punto 1.8 do
capítulo VI do anexo á Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan
determinados aspectos organizativos e de funcionamento das escolas de educación
infantil, dos colexios rurais agrupados, dos colexios de educación primaria e
dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria, o punto 53 das instrucións que regulan a
organización e o funcionamento dos centros públicos integrados, aprobadas pola
Orde do 3 de outubro de 2000, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento do Decreto 7/1999, polo que se implantan e regulan os centros
públicos integrados de ensinanzas non universitarias, e o artigo 3 da Orde do
25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a
avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de
Galicia, terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos
e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data
de inicio das clases.
Disposición adicional terceira. Desenvolvemento e execución
Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar as
disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e a execución desta
orde.
Disposición
adicional cuarta. Adscrición funcional en
educación primaria
Para os únicos efectos da adscrición funcional do
profesorado do corpo de mestres e co obxecto de respectar o dereito de cada
grupo de alumnos e alumnas a manter o mesmo titor durante dous cursos, na
educación primaria, este dereito entenderase referido a: primeiro e segundo
curso, terceiro e cuarto curso, e quinto e sexto curso.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte
ao da súa publicación no Diario Oficial
de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2015.
Román
Rodríguez González
Conselleiro
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
INSÍRASE
NO DOG
ANEXO I Resumo do calendario de
actividades de xuño. Curso 2015/2016
O/A director/a do IES/CPI/CIFP
........................................................................................................
pon no seu coñecemento que o calendario de
actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro,
recolle o seguinte:
Para a ESO
|
As datas das sesións de avaliación final serán do ao
|
O último día de clase será o
|
|
|
|
Para 1º curso de bacharelato
|
As datas das sesións de avaliación final serán do ao
|
O último día de clase será o
|
|
|
|
Para 2º curso de bacharelato
|
As datas das sesións de avaliación final serán do ao
|
O último día de clase será o
|
|
|
|
Para 1º curso de formación profesional no réxime
ordinario
|
As datas das sesións de avaliación final serán do ao
|
O último día de clase será o
|
Para 2º curso de formación profesional nos ciclos de
2000 horas no réxime ordinario
|
As datas das sesións de avaliación final serán do ao
|
O último día de clase será o
|
Para formación profesional no
réxime de persoas adultas
|
As datas das sesións de avaliación final serán do ao
|
O último día de clase será o
|
|
|
|
Para 1º curso
de ciclos de formación profesional básica
|
As datas das sesións de avaliación final serán do ao
|
O último día de clase será o
|
|
|
|
Para 2º curso
de ciclos de formación profesional básica
|
As datas das sesións de avaliación final serán do ao
|
O último día de clase será o
|
................................, ......
de .................. de 2016
O/A director/a,
Asdo.:
...........................................................
Inspector/a de Educación
ANEXO II
Resumo do calendario de
actividades de xuño. Curso 2015/2016
O/A director/a da Escola de Arte e
Superior de Deseño
.......................................................................
/Escola Superior de Conservación e
Restauración de Bens Culturais pon no seu coñecemento que o calendario de
actividades docentes programadas para o final de curso, aprobado polo claustro,
recolle o seguinte:
O último día de clase será o
|
As datas das sesións de avaliación final serán
do ao
|
................................,
...... de .................. de 2016
O/A director/a,
Asdo.:
...........................................................
Inspector/a de Educación
ANEXO III
Resumo do calendario de
actividades de xuño. Curso 2015/2016
O/A director/a da
Escola Oficial de Idiomas
.................................................................................
pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas
para o final de curso, aprobado polo claustro, recolle o seguinte:
O último día de clase será o
|
As datas das probas da convocatoria ordinaria de
xuño serán do ao
|
................................,
...... de .................. de 2016
O/A director/a,
Asdo.:
...........................................................
Inspector/a de Educación
ANEXO IV
Resumo do calendario de
actividades de xuño. Curso 2015/2016
O/A directora do
Conservatorio de Música/Conservatorio de Danza
..........................................
............................................. pon no seu coñecemento que o
calendario de actividades docentes programadas para o final de curso, aprobado
polo claustro, recolle o seguinte:
O último día de clase será o
|
As datas da avaliación conxunta do alumnado serán
do ao
|
As probas
de acceso realizaranse do ao
|
................................,
...... de .................. de 2016
O/A director/a,
Asdo.:
...........................................................
Inspector/a de Educación
Suscribirse a:
Entradas (Atom)