miércoles, 4 de noviembre de 2015

FAPACEL: "ESCOLA DE HABILIDADES SOCIAIS"


A FAPACEL pon en marcha o convenio asinado coa Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo "COA EDUCACIÓN POR DIANTE",
Este mes de novembro presentaremos a guía Escola  de Habilidades Socias con charlas dirixidas a familias con nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Nesta guía atoparanse orientacións para favorecer a adquisición de habilidades básicas de relación social. Está dividida en diferentes partes, na primeira dáse unha explicación do que son as habilidades sociais e a importancia que ten a súa adquisición. Na segunda parte explícanse os diferentes estilos de interacción social, amosando as características de cada un deles mediante unha situación práctica. A continuación, aprenderanse unha serie de pautas educativas para a resolución de conflitos. E para finalizar, destacaremos diferentes mitos sobre as interaccións sociais para reflexionar entre todas e todos
Para facilitar a asistencia das familias ás charlas as nenas e nenos terán un Obradoiro sobre o Conto Popular.
No mes de decembro, unha vez realizadas todas as charlas,enviaranse guías as anpas asociadas para repartir ás familias socias que as soliciten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario