Podedes facer as solicitudes dos libros do vindeiro curso 2025/26 ao banco da ANPA a través deste formulario que tamén está pendurado no blogue:
O formulario estará dispoñible ata as 24h do martes 22 de xullo. Con posterioridade realizarase o reparto e recibiredes un correo cos libros asignados e hora de recollida que será o mércores 30 pola tarde (entre as 19h e 21h) na aula de audiovisuais
Por outra banda queremos tamén indicarvos que as persosas que xa sodes socias non tedes que facer nada e faremos o cargo dos 15€ de cota en setembro na conta que nos facilitáchedes na inscrición.
As persoas socias que quedirades darvos de baixa tan só tedes que comunicalo neste mesmo enderezo.
As persoas que aínda non sexades socias e as novas persoas que se incorporen o vindeiro curso ao instituto podedes facervos socias no seguinte enderezo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario