Podedes facer as solicitudes dos libros do vindeiro curso 2024/25 ao banco da ANPA a través deste formulario:
O formulario estará dispoñible ata as 24h do xoves 18 de xullo. Con posterioridade realizarase o reparto e recibiredes un correo cos libros asignados e hora de recollida que será o martes 23 pola tarde (entre as 19h e 21h) na aula 2.1. (planta segunda).
Este sistema é complementario ao fondo solidario de libros da Xunta (que xestiona o instituto), e dado que xa saíron publicados os listados definitivos (podedes consultalos no instittuto e no aplicativo fondolibros) teredes máis claro que libros solicitar ao bando da ANPA no caso de que tamén houbésedes solicitado o fondo de libros.