lunes, 21 de junio de 2021

Banco de libros 2021

Outro ano máis, a ANPA do IES Sanxillao (Lugo) pon en marcha o Banco de Libros; sistema polo que a ANPA organiza o préstamo de libros empregados en todos os cursos de ESO e BAC.

Este sistema ríxese polas bases que poderás descargar neste documento.

IMPORTANTE: para que se teñan en conta na puntuación os libros aportados en cursos anteriores, se é posible, rexistrádevos co mesmo email e teléfono que os do ano pasado e/ou xullo deste ano.

Solicitudes (setembro-2021)

Xa está aberto o prazo para novas solicitudes de libros; para iso, deberedes cumplimentar o seguinte formulario para solicitar libros (aberto ata o 17-setembro ás 18:00 h.). A entrega de libros adxudicados será o día 20-setembro-2021 (luns) de 17:00 a 19:00 h..


Aportacións (xullo-2021)

Para que este sistema funcione necesitamos da aportación desinteresada de libros que xa non precisen as familias.

Se este é o voso caso e queredes aportar libros, pregamos que cumplimentedes o seguinte formulario para aportar / devolver libros (aberto ata o 30-xuño) no que poderedes escoller o horario preferente (non definitivo) para a vosa entrega; sempre referido ao día 1-xullo-2021 (xoves).

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Solicitudes (xullo-2021)

No caso de que desexedes solicitar libros, deberedes cumplimentar estoutro formulario para solicitar libros (aberto ata o 3-xullo). A entrega dos libros adxudicados será o día 5-xullo-2021 (luns).

No hay comentarios: