martes, 23 de junio de 2020

Banco de libros 2020

Outro ano máis, a ANPA do IES Sanxillao (Lugo) pon en marcha o Banco de Libros; sistema polo que a ANPA organiza o préstamo de libros empregados en todos os cursos de ESO e BAC.

Este sistema ríxese polas bases que poderás descargar neste documento.


Edición de setembro-2020

Xa está aberto o prazo (ata o sábado 19) para novas solicitudes de libros; para iso, deberedes cumplimentar o seguinte formulario para solicitar libros. A entrega de libros adxudicados será o día 21-setembro-2020 (luns).


Aportacións (xullo-2020)

Para que este sistema funcione necesitamos da aportación desinteresada de libros que xa non precisen as familias.

Se este é o voso caso e queredes aportar libros, pregamos que cumplimentedes o seguinte formulario para aportar / devolver libros (aberto ata o 30-xuño) no que poderedes escoller o horario preferente (non definitivo) para a vosa entrega; sempre referido ao día 2-xullo-2020 (xoves).

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Solicitudes (xullo-2020)

No caso de que desexedes solicitar libros, deberedes cumplimentar estoutro formulario para solicitar libros (aberto ata o 6-xullo-2020). A entrega dos libros adxudicados será o día 8-xullo-2020 (mércores).

No hay comentarios:

Publicar un comentario