lunes, 9 de noviembre de 2020


    Mañán, martes 10 de novembro, ás 18:30h a Anpa do Ceip As Mercedes, centro de Primaria adscrito ao noso instituto, organiza, en colaboración coa FAPACEL, a charla " Diversidade sexual, de xénero e familias" cuxa ponente será Cristina Palacios. 

    Á mesma convidannos ás nais e pais do noso centro.
    A charla terá unha duración aproximada de entre hora e hora e media e será a través de Zoom 

    Interesadas/os inscribirse no correo da ANPA do CEiP As Mercedes, indicando nome apelidos e correo electrónico.

anpaasmercedes@hotmail.es

    
O día da charla recibiredes un enlace para poder asistir.

Animádevos !

sábado, 31 de octubre de 2020

CURSO GRATUITO DE COMPETENCIAS DIXITAIS PARA NAIS E PAIS






       Desde a ANPA DO SANXILLAO en colaboración ca ANPA DAS MERCEDES e coa FAPACEL, animámosvos a que participedes neste curso on line, a duración do curso será do 3 o 24 de Novembro, nas datas que se indican no cartel. O contido do curso será sobre ferramentas para o traballo  a distancia (zoom e drive), eleboración de tarefas, exportacion a distintos formatos, e ferramentas para poder compartir tarefas. 

    A duración do curso será de 10 horas.

    Forma de inscribirse: Correo da ANPA DAS MERCEDES:(anpaasmercedes@hotmail.es), indicando nome e apelidos.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O DÍA 3 DE NOVEMBRO AS 12H.


martes, 23 de junio de 2020

Banco de libros 2020

Outro ano máis, a ANPA do IES Sanxillao (Lugo) pon en marcha o Banco de Libros; sistema polo que a ANPA organiza o préstamo de libros empregados en todos os cursos de ESO e BAC.

Este sistema ríxese polas bases que poderás descargar neste documento.


Edición de setembro-2020

Xa está aberto o prazo (ata o sábado 19) para novas solicitudes de libros; para iso, deberedes cumplimentar o seguinte formulario para solicitar libros. A entrega de libros adxudicados será o día 21-setembro-2020 (luns).


Aportacións (xullo-2020)

Para que este sistema funcione necesitamos da aportación desinteresada de libros que xa non precisen as familias.

Se este é o voso caso e queredes aportar libros, pregamos que cumplimentedes o seguinte formulario para aportar / devolver libros (aberto ata o 30-xuño) no que poderedes escoller o horario preferente (non definitivo) para a vosa entrega; sempre referido ao día 2-xullo-2020 (xoves).

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Solicitudes (xullo-2020)

No caso de que desexedes solicitar libros, deberedes cumplimentar estoutro formulario para solicitar libros (aberto ata o 6-xullo-2020). A entrega dos libros adxudicados será o día 8-xullo-2020 (mércores).

martes, 11 de febrero de 2020

6º ROTEIRO



                                    ROTEIRO POLA COMARCA
     

       Para prepararnos para corre-lo entroido imos polo sexto roteiro.
       Nesta ocasión unha voltiña polo Vello Lugo Agrario, onde visitaremos Santa Eulalia de Bóveda.
       Sairáse de cada colexio ás 10 h e xuntarémonos no inicio da ruta. Boa camiñada!!


         

martes, 21 de enero de 2020

jueves, 16 de enero de 2020

5º ROTEIRO



 Coas festas do nadal pasadas faremos o 5º e primeiro roteiro de ano no que iremos o concello de Outeiro de Rei.
 Alí faremos unha ruta circular moi doada arredor dunha aldea de conto, rodeados de formigas super simpáticas
que nos acompañaran o longo de San Clodio. Veremos como a partir de refugallo podemos dar valor o noso rural, e facer dunha aldea un sitio máxico e acolledor!!

Boa camiñada!!