A Xunta Directiva da ANPA quere saudarvos e darvos unha cordial benvida. Son moitos os proxectos que temos en mente este curso, en colaboración co centro, un magosto para o outono, actividades extraescolares de Teatro e Robótica e darlle continuidade, e mellorar, as actividades realizadas o curso pasado como o Concurso sobre a integración, o banco de libros e a festa de fin de curso; tamén agardamos as vosas suxestións para aquelas que consideres achegarnos. O esforzo merece a pena e son os nosos fillos e fillas quen van a aproveitar esta inversión, tanto na súa formación académica como na súa educación en valores.
Lembrarvos que para poder traballar, é fundamental que a Asociación conte cun importante número de familias asociadas. Para asociarse hai que facer efectiva a cota anual (12 euros por familia) en calquera sucursal de Caixa Rural Galega, e cubrir a ficha de socio (adxunta no reverso da folla) que poderá deixarse, co xustificante do ingreso, na caixa de correo da ANPA (ao lado da Conserxería) ou envialo por correo electrónico.
Temos tamén unha páxina web (www. anpasanxillaolugo.blogspot.com) onde publicaremos tódolos escritos que entreguemos ao alumnado así como enlaces de interés.
Queremos mandar un saúdo moi especial para as novas e novos membros da comunidade educativa que pronto teremos oportunidade de coñecer.
E por último convidamos a todas as familias á Asemblea Xeral Anual que vos adxuntamos
Un saúdo
Xunta Directiva Anpa IES SANXILLAO
Prezadas familias:
A Xunta Directiva da ANPA do IES Sanxillao convócavos á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, o xoves 27 de setembro de 2018, ás 19:45h ás 20:15h, no Salón de Actos do centro, coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1.- Informe da presidencia.
2.- Estado de contas.
3.- Programación e organización de actividades para o curso 2018/2019.
4.- Rogos, preguntas e suxestións.
Un saúdo
O presidente
No hay comentarios:
Publicar un comentario