jueves, 24 de julio de 2025

ENTREGA BANCO DE LIBROS 2025/26



      O proceso de entrega de libros do banco da ANPA levarase a cabo o vindeiro mércores 30 entre as 19h e 21h na aula de audiovisuais do instituto.

Todas as familias que solicitáchedes tedes algún libro para entregarvos, polo que verificade no voso correo que tedes asignada unha hora concreta de recollida (para facer máis doada e facilitarvos a recollida de libros sen colas). Se non vos chegou o correo poñédevos en contacto con nós. 
En total entregaranse preto de 250 libros a 70 familias.

lunes, 14 de julio de 2025

SOLICITUD BANCO DE LIBROS 2025

Podedes facer as solicitudes dos libros do vindeiro curso 2025/26 ao banco da ANPA a través deste formulario que tamén está pendurado no blogue:
O formulario estará dispoñible ata as 24h do martes 22 de xullo. Con posterioridade realizarase o reparto e recibiredes un correo cos libros asignados e hora de recollida que será o mércores 30 pola tarde (entre as 19h e 21h) na aula de audiovisuais 

Por outra banda queremos tamén indicarvos que as persosas que xa sodes socias non tedes que facer nada e faremos o cargo dos 15€ de cota en setembro na conta que nos facilitáchedes na inscrición.
As persoas socias que quedirades darvos de baixa tan só tedes que comunicalo neste mesmo enderezo.
As persoas que aínda non sexades socias e as novas persoas que se incorporen o vindeiro curso ao instituto podedes facervos socias no seguinte enderezo:


miércoles, 18 de junio de 2025

BANCO DE LIBROS 2025

 
 Outro ano máis, a ANPA do IES Sanxillao (Lugo) pon en marcha o Banco de Libros; sistema polo que a ANPA organiza o préstamo de libros empregados en todos os cursos de ESO e BACH. Este sistema réxese polas bases que poderás descargar neste documento (xúntase documento)

Como adxudicataria neste curso de libros do banco da ANPA, indicarvos que as devolucións dos libros do banco da ANPA (entregadas este curso) e as novas aportacións (das familias que queiran entregar ao banco de libros e que lle computarán como puntos para a solicitude dos libros do vindeiro curso) serán o mércores 25 de xuño de 20h a 20 na aula de audiovisuais do instituto (na planta segunda). Se por calquera circunstancia non poidérades achegar os libros nese horario poñédevos en contacto con nós para buscar fórmulas alternativas.